DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe o alumnado de E.I. recibiu a visita do pai de Mariña e das súas compañeiras do CSIC dende o Centro Oceanográfico de Vigo polo Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Con actividades lúdicas e atractivas o alumnado coñeceu un pouco máis o fondo mariño. Grazas pola visita!!
Un grupo de nenas e nenos de 5º de primaria prepararon unha presentación para expoñer ó resto do alumnado do centro sobre mulleres científicas importantes da nosa historia.
Comentarios
Publicar un comentario