RETOS COMPARTIDOS

A PRINCIPIOS DE MARZO O CEIP CHANS-BEMBRIVE RETOUNOS  A FACER UNHA TORRE CON AROS DE CORES. PODEDES VELO PREMENDO AQUÍ.

O CEIP PLURILINGÜE CARBALLAL-CABRAL E O CEIP IGREXA - CANDEÁN TAMÉN ESTÁN METIDOS NO ALLO, VEREMOS A VER SE O ACADAN.

E AQUÍ TEDES O NOSO RESULTADO.


OS COMPAÑEIR@S DO  CARBALLAL TAMÉN O CONSEGUIRON, E AGORA TÓCALLES RETAR A ELES, CON QUE RETO SORPRENDERANNOS? PODEDES VER TODO ISO  AQUÍ

O SEU RETO PROPOSTO FOI DICIR O ABECEDARIO DO DEREITO E DO REVÉS TOD@S Á VEZ E NO MENOR TEMPO POSIBLE... AQUÍ TEDES O NOSO RESULTADO


É CHEGOU O DÍA!!!, TÓCANOS PROPOR UN RETO AOS DEMAIS COLES. PARA SABER CAL É, VEDE O SEGUINTE VÍDEO. QUE TEÑADES MOITA SORTE.


O RETO TRATABA DE DICIR A PALABRA MÁIS LONGA QUE SE PODE DICIR EN GALEGO (VERBO + PRONOMES) Á VEZ QUE SE XIRAN BRAZO E PERNA CONTRARIOS TAMÉN EN SENTIDO OPOSTO. TODO UN RETO VAMOS... E AQUÍ O NOSO RESULTADO



E XA TEMOS O ÚLTIMO RETO, TOCOULLES PROPOÑELO AO CEIP IGREXA CANDEÁN, PODEDES VELO PREMENDO AQUÍ

E SENDO O ÚLTIMO, PODEMOS DICIR,   CONSEGUÍMOLOS!!!!

AQUÍ PODEDES VER O RESULTADO


FOI MOI EMOCIONANTE PODER PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE CO RESTO DE ESCOLAS, ESPERAMOS REPETILO...





Comentarios

Publicacións populares