DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe 23 de febreiro fai 187 anos nacía en Santiago de Compostela a nosa escritora, poetisa e referente da cultura galega ROSALÍA DE CASTRO.
Adicamoslle os obradoiros de libre circulación esta semana e a pasada a traballar a súa vida e obra. En infantil e 1º de E.P. traballamos as poesías do "Moucho" e "Din que no falan as plantas".
O alumnado de 4º de primaria preparou o poema "Adiós ríos, adiós fontes" cantado baixo a música de "Escuchando Elefantes".
Nos obradoiros de Libre Circulación, Troula que Troula, o alumnado fixo 3 murais adicados a poetisa Rosalía de Castro; mentres que no obradoiro de Lingualario traballouse a biografía, historia e poemas máis importantes da escritora.
Comentarios
Publicar un comentario