CONSELLO DE NEN@S
Como centro membro de APfrato, e tendo por bandeira a participación activa do alumnado nas tomas de decisión sobre diversos aspectos do centro que lles afectan de forma directa, xa hai tres anos que levamos en funcionamento co consello de nenos/as. Cada clase elixe de forma democrática o seu representante, dende E.I. ata Primaria, e cunha periocidade establecida, reúnense na B.E. para propor diversos aspectos de centro e para tomar decisión sobre os mesmos. Todos os acordos ós que se chegan serán trasladados polo representante de cada aula aos seus compañeiros/as.
Comentarios
Publicar un comentario