30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

Hoxe festexamos no cole este día tan especial que nestes momentos faise tan necesario conmemorar.  Dende a pasada semana en todas as aulas realizaron actividades para adornar o colexio, coñecer a historia de Gandhi, lecturas da paz, cancións e bailes e mural conmemorativo entre todo o alumnado. Hoxe, despois do recreo xuntámonos no patio de Moncho e alí, maiores e pequenos cantaron e bailaron as cancións: On écrit sur les murs e a danza da paz de Mamá Cabra.





Comentarios

Publicacións populares