Xornada de convivencia lingüístico-deportiva "Movéndonos cara o cambio"
Onte, 4 de xuño, o alumnado de 6º E.P. gozou dunha xornada de convivencia cos futuros compañeiros e compañeiras cos que coincidirán instituto dos centros Carballal, Candeán e Chans Bembrive. Este curso tocounos ser os anfitrións. Foi un encontro enmarcado nun contexto lúdico que ten por obxecto que os rapaces e rapazas se coñezan.
Comezamos a xornada cuns xogos de presentación e conversa para seguir cos diferentes obradoiros: break-dance, xogos de condición física, xogos de mesa, xincana e petanca. E para rematar xantar no monte.
Comentarios
Publicar un comentario