Lingua mariña
Este e o segundo curso que seguimos coa actividade "Lingua Mariña". O alumnado galegofalante ten o seu propio espazo no noso cole e tamén a súa propia camiseta. Todos os mércores xúntanse coa profe Carmen e preparan actividades que logo faran co resto de compañeiros e compañeiras. Son actividades encamiñadas a valorar a nosa lingua e tamén a que o alumnado galego falante se empodere e fale galego a pesar de ser unha minoría.
A semana pasada cantaron unhas cancións moi sinxelas para o alumnado de E.I. As cancións elexidas foron: caracol, caracoleiro, o pitiño amareliño, bolboreta e cinco dediños.
Que ben o pasamos!!
Comentarios
Publicar un comentario