25 DE NOVEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


 O 25 de novembro conmemórase o día internacional contra a violencia de xénero. No CEIP Santa Mariña estamos moi sensibilizados con este día e fixemos moitas actividades: o abecedario contra a violencia de xénero, lecturas recomendadas dende a B.E., lazos morados colgados nas mochilas... Nunha delas contamos coa colaboración das familias, neste caso das nais, avoas, tías...e tamén das mestras para facer entre todas un vídeo cantando a canción de MATRIARCAS de Guadi Galego. É unha canción que nos encanta e que no cole sempre cantamos por esta data. 

Queda moito por facer para cambiar esta realidade pero a educación é indispensable para conseguilo!


Premendo na última imaxe veredes o vídeo de Matriarcas

Comentarios

Publicacións populares