Proxecto Documental Integrado: "Galicia, somos nós"
O proxecto documental integrado para o presente curso 2023/24 é "Galicia, somos nós". As dúas sesións de tódolos venres as adicaremos a traballar neste proxecto mediante a metodoloxía de libre circulación. Contaremos con 8 obradoiros en E.P. e 4 para Infantil e 1º de E.P. As temáticas dos obradoiros son as seguintes: biodiversidade galega, gastronomía, lingualario, festas tradicionais, liño e lá, arte galego, folclore e xogos populares. Durante a semana o alumnado anótase no obradoiro no que quere participar dita semana.
Comentarios
Publicar un comentario