Obradoiro de Radio
Neste curso comenzamos o obradoiro de radio no mes de outubro coa inauguración da biblioteca do centro.
O alumnado prepara as escaletas nas aulas do Contexto Lingüístico para dar as novas máis importantes do colexio.
Ademais, dende o 2º trimestre, Radio Mariña abre as súas portas nos recreos como obradoiro opcional nos días de chuvia.
Este ano o alumnado voluntario de biblioteca de 5º de primaria, tiveron unha formación como técnicos de radio. Foi moi interesante e como non, a rapazada púxose decontado a enguedellar na "mesa de mezclas", facendo as súas propias gravacións.
Comentarios
Publicar un comentario