Obradoiro de Improvisación Oral
Grazas ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo hoxe puidemos desfrutar deste obradoiro no que o alumnado de 5º e 6º de E.P., da man de Luís O´Caruncho e Pinto de Herbón, fixeron un achegamento á improvisación oral, ao ritmo, a rima, aos xogos de palabras...a través da regueifa.









